jueves, 4 de octubre de 2012

DIRECCIÓN IP E DIRECCIÓN MAC

DIRECCIÓN IP E DIRECCIÓN MAC

Unha dirección IP é unha etiqueta numérica que identifica, de maneira lóxica e xerárquica, a unha interface  dun dispositivo dentro dunha rede que utilice o protocolo IP (Internet Protocol), que corresponde ao nivel de rede do protocolo TCP/IP. 
Dito número non se debe confundir coa dirección MAC que é un identificador de 48 bits para identificar de forma única á tarxeta de rede e non depende do protocolo de conexión utilizado nin da rede.


Encontra a túa dirección IP e a dirección MAC 
Para consultar a dirección IP e a dirección MAC do teu ordenador (sistema operativo LINUX/Ubuntu), situaraste no escritorio, e na parte superior dereita pincha o icono
      De seguido aparecerá na tua pantalla a seguinte infomación:
 
      Como podedes observar a dirección MAC (ou dirección hardware)  aparece no sistema de numeración hexadecimal e a IP no sistema decimal. A continuación traducirei eses díxitos ao sista binario de numeración.
  • DIRECCIÓN MAC: 00241D9E8DDE = 0000 0000 0010 0100 0001 1101 1001 1110 1000 1101 1101 1110
    DIRECCIÓN IP:  69.51.65.242 = 1000101 110011 1000001 1111000100