lunes, 17 de diciembre de 2012

REDES

DEFINICIÓNS:

CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE SINAIS:

  • Sinal SinusoidalOs sinais sinusoidais son aqueles que se representan coas funcións trigonométricas seno e coseno. Estas funcións son de especial importancia xa que se pode demostrar matemáticamente que calquera sinal periódico pódese expresar como unha suma de senos e cosenos. A seguinte función sinusoidal utilízase ampliamente no estudio dos sinais:
    f(t)=am · sen (wt + ϕ)
 
  • Sinal Periódico: Calquera sinal periódico pódese expresar como unha suma de senos e cosenos.
    • am: Amplitude máxima. É o valor máximo alcanzado pola función. Unidade de medidida: Amperios (A).
    • Frecuencia: Nº de veces que se repite o sinal por unidade de tempo. Unidade de medida: Hertzios (Hz).
    • Tempo: O valor da función varía con respecto o tempo. Unidade de medida: Segundos
    • Período: Tempo que tarda un sinal en repetirse. Unidade de medida: Segundos
    • Fase: Desprazamento do sinal no tempo. Unidade de medida: Radiáns (rad)
    • Lonxitude de onda: Distancia que recorre un sinal ata que se repite. Unidade de medida: metros (m).

  • Espectro dun Sinal: Un sinal pódese representar matemáticamente, tanto en función do tempo como en función da frecuencia. Esta segunda representación chámase espectro dun sinal, e é moi útil para moitas aplicacións en comunicacións, xa que representa o peso que ten cada frecuencia na formación do sinal.
DEFINICIÓNS DE PARÁMETROS:
 
FRECUENCIA: Mídese en hertzios. Número de veces que se repite o sinal por unidade de tempo.
PERÍODO: (T).Mídese en segundos. Tempo que tarda un sinal en repetirse.
LONXITUDE DE ONDA: Mídese en metros. Distancia que recorre un sinal ata que se repete.
FASE: Mídese en radiáns (rad). Desprazamento dun sinal no tempo.
ANCHO DE BANDA DUN SINAL: Diferencia entre o valor máximo e o mínimo das frecuencias do espectro do sinal/mensaxe: ANCHO DE BANDA=fmáxima - fmínima
ANCHO DE BANDA DUN CANAL: Diferencia entre as frecuencias máxima e mínima que é capaz de transmitir.
GANANCIA: Dise que hay ganacia cando a potencia de entrada é superior a de saída e o sistema compórtase coma un atenuador.
 
 
     
     
 


jueves, 4 de octubre de 2012

DIRECCIÓN IP E DIRECCIÓN MAC

DIRECCIÓN IP E DIRECCIÓN MAC

Unha dirección IP é unha etiqueta numérica que identifica, de maneira lóxica e xerárquica, a unha interface  dun dispositivo dentro dunha rede que utilice o protocolo IP (Internet Protocol), que corresponde ao nivel de rede do protocolo TCP/IP. 
Dito número non se debe confundir coa dirección MAC que é un identificador de 48 bits para identificar de forma única á tarxeta de rede e non depende do protocolo de conexión utilizado nin da rede.


Encontra a túa dirección IP e a dirección MAC 
Para consultar a dirección IP e a dirección MAC do teu ordenador (sistema operativo LINUX/Ubuntu), situaraste no escritorio, e na parte superior dereita pincha o icono
      De seguido aparecerá na tua pantalla a seguinte infomación:
 
      Como podedes observar a dirección MAC (ou dirección hardware)  aparece no sistema de numeración hexadecimal e a IP no sistema decimal. A continuación traducirei eses díxitos ao sista binario de numeración.
  • DIRECCIÓN MAC: 00241D9E8DDE = 0000 0000 0010 0100 0001 1101 1001 1110 1000 1101 1101 1110
    DIRECCIÓN IP:  69.51.65.242 = 1000101 110011 1000001 1111000100
     





viernes, 28 de septiembre de 2012

SISTEMAS DE CODIFICACIÓN


SISTEMAS DE CODIFICACIÓN

A continuación citarei os sistemas de codificación MORSE, BAUDOT e ASCII:

  • Código MORSE: Coñecido tamén como "alfabeto morse". Trátase dun sistema de representación de letras e números mediante señales emitidas do forma intenmitente. 
        Aquí vos deixo a ligazón: Código Morse
  • Código BAUDOT: Denominado así polo seu inventor Émile Baudot, é un xogo de caracteres predecesor do EBCDIC e do ASCII  e foi orixinalmente utilizado sobre todo en teletipos.
       Aquí vos deixo a ligazón: Código Baudot
  • Código ASCII: É un código de caracteres basado no alfabeto latino.
       Aquí vos deixo a ligazón: Código ASCII

     
       A continuación mostrareivos como sería o meu nome nos códigos citados:


 


      
    




martes, 25 de septiembre de 2012