DEFINICIÓNS:
CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE SINAIS:
- Sinal Sinusoidal: Os sinais sinusoidais son aqueles que se representan coas funcións trigonométricas seno e coseno. Estas funcións son de especial importancia xa que se pode demostrar matemáticamente que calquera sinal periódico pódese expresar como unha suma de senos e cosenos. A seguinte función sinusoidal utilízase ampliamente no estudio dos sinais:f(t)=am · sen (wt + ϕ)
- Sinal Periódico: Calquera sinal periódico pódese expresar como unha suma de senos e cosenos.
- am: Amplitude máxima. É o valor máximo alcanzado pola función. Unidade de medidida: Amperios (A).
- Frecuencia: Nº de veces que se repite o sinal por unidade de tempo. Unidade de medida: Hertzios (Hz).
- Tempo: O valor da función varía con respecto o tempo. Unidade de medida: Segundos
- Período: Tempo que tarda un sinal en repetirse. Unidade de medida: Segundos
- Fase: Desprazamento do sinal no tempo. Unidade de medida: Radiáns (rad)
- Lonxitude de onda: Distancia que recorre un sinal ata que se repite. Unidade de medida: metros (m).
- Espectro dun Sinal: Un sinal pódese representar matemáticamente, tanto en función do tempo como en función da frecuencia. Esta segunda representación chámase espectro dun sinal, e é moi útil para moitas aplicacións en comunicacións, xa que representa o peso que ten cada frecuencia na formación do sinal.
DEFINICIÓNS DE PARÁMETROS:
FRECUENCIA: Mídese en hertzios. Número de veces que se repite o sinal por unidade de tempo.
PERÍODO: (T).Mídese en segundos. Tempo que tarda un sinal en repetirse.
LONXITUDE DE ONDA: Mídese en metros. Distancia que recorre un sinal ata que se repete.
FASE: Mídese en radiáns (rad). Desprazamento dun sinal no tempo.
ANCHO DE BANDA DUN SINAL: Diferencia entre o valor máximo e o mínimo das frecuencias do espectro do sinal/mensaxe: ANCHO DE BANDA=fmáxima - fmínima
ANCHO DE BANDA DUN CANAL: Diferencia entre as frecuencias máxima e mínima que é capaz de transmitir.
GANANCIA: Dise que hay ganacia cando a potencia de entrada é superior a de saída e o sistema compórtase coma un atenuador.